ICBUSC, Interdisciplinary Center of Biostatistics of the Universidade de Santiago de Compostela

Event

II Ciclo de Conferencias: Bioestatística para Vivir

Aula Magna da Facultade de Matemáticas, Campus Sur. Santiago de Compostela. 3 de Maio de 2017

 

 

 

 

 

 

 

 

II CICLO DE CONFERENCIAS: BIOESTATÍSTICA PARA VIVIR

 

Descripción

Este Ciclo de Conferencias está estruturado en 5 charlas de media hora de duración de enfoque divulgativo, co que se pretende dar a coñecer a influencia da bioestatística nas nosas vidas. Nesta edición, as charlas abordarán a aplicación da bioestatística nos ámbitos da biomedicina, veterinaria, odontoloxía, ecoloxía e medioambiente ou deporte.

Esta xornada organízase no marco da Rede INBIOEST "Novas Ferramentas Estatisticas e Computacionais Aplicadas á Investigación en Saúde, Deporte e Medio Ambiente".

A Rede INBIOEST, foi creada no ano 2014 e actualmente está afrontando a súa segunda fase orientada hacia o seu fortalecemento e consolidación. A Rede está composta por 7 grupos de investigación pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade dá Coruña (UDC) e Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). A principal finalidade desta rede é a de potenciar a investigación da bioestatística e a súa aplicación en diversas áreas das Ciencias da Vida e a Saúde: i) impulsando actividades de I+D+i conxuntas que den resposta bioestatística a retos científicos plantexados; ii) promovendo a formación en bioestatística de xóves investigadores; e iii) fortalecendo a interrelación con outras redes ou institucións de investigación nacionais e internacionais. Ademáis un dos seus obxectivos específicos é o de potenciar a difusión de resultados, creando un ámbito idóneo para a transmisión de coñecementos e a xeración de sinerxías científicas. Esto é o que se pretende con este II Ciclo de conferencias, que permitirá transmitir aos asistentes as diversas aplicacións que ten a bioestatística en ámbitos da vida moi diversos.

INBIOEST está financiada polo Programa de Consolidación de Unidades de Investigación Competitivas do SUG (Convocatoria 2016) _ Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. 

 

Público obxectivo

Alumnos universitarios, profesionales en distintos ámbitos científicos e tecnolóxicos, e en xeral todas aquelas persoas con intererese en coñecer como a estadística pode axudar a resolver cuestións de tipo científico que afectan directamente ás nosas vidas.

 

Día e lugar de celebración

Este II Ciclo de conferencias celebrarase o día 3 de Maio de 2017, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas en horario de 16:00 a 18:45.  

 

Relación de conferenciantes

(Cartel co programa detallado disponible no apartado "more info")

 

- Pedro Diz Dios: Área de Estomatoloxía (Departamento de  Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas-USC). 

- Carola Gómez Rodríguez: Área de Ecoloxía (Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física-USC). 

- Arturo González Quintela: Área de Medicina Interna (Departamento de Medicina-USC).

- Carlos Lago Penas: Área de Deportes (CC. de la Actividad Física y el Deporte de la Universidad de Vigo).

- Fernando Muñoz Guzón: Área de Veterinaria (Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias-USC).

 

Fecha límite de inscripción: 

2 de Maio de 2017  Inscripción gratuita!

 

Plazas Limitadas!

As prazas asignaranse por riguroso orden de inscripción.

Entregarase un certificado de asistencia a aquelas persoas que así o soliciten o día da xornada.

  

Entidades Colaboradoras

- Facultade de Matemáticas. Universidade de Santiago de Compostela

- Biostatech

 

More info

You can download more information about this event through the following link(s):